O Conxuro da Queimada


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
 Demos, trasgos e diaños, espíritos das nevoadas veigas.
 Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.
 Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
 Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
 Oubeo do can, pregón da morte, fociño do sátiro e pé do coello.
 Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
 Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, ruxido da mar embravecida.
 Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este cullerón levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.
 ¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente,
 quedando así purificadas.
E cando esta queimada baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.
 Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, aquí e agora, facede cos espíritos dos amigos que estan fora,
 participen con nos desta queimada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Es lo que hay....!!!

Es lo que hay....!!!

Mama Tierra